Coñécese como cartografía á ciencia que se dedica ao estudo e á elaboración de mapas que serven para a navegación, para a localización do ser humano, etc. A palabra cartografía vén do grego e significa "a escritura de mapas". A cartografía é unha ciencia que existe fai séculos e que sempre foi de gran utilidade para a localización xeográfica e espacial do ser humano, permitíndolle realizar todo tipo de viaxes que, eventualmente, fixeron que puidese unir todo o globo terráqueo.
Entre as primeiras referencias cartográficas significativas que se conservan hai que destacar:
- Unha tablilla babilónica de arxila (s. VII a.C.)
- A carta plana cadrada de Eratóstenes de Cirene (s. III a.C.)
- O mapa da península ibérica do xeografo grego Artemidoro (s. II a. C.)
- O mapa de Europa de Estrabón (s I a. e d. C)
- O mapamundi de Ptolomeo (s. II d.C.),
 |
| Tabliña Babilónica |
 |
| Mapa Eratóstenes de Cirene |
 |
| Mapa de Artemidoro |
 |
| Mapa de Estrabón |
 |
| Mapa de Ptolomeo |
 |
| Mapa de Al-Idrisi |
Na
Idade media destaca o cartógrafo arabe
Al-Idrisi que traballou para o rei Roger II de Sicilia e achega a novidade da observación directa e a toma de datos de campo sobre o terreo. O seu traballo fundamental foi o Libro de Roger (1154), no que aparece un debuxo, aínda que non é moi exacto, da península ibérica que forma parte do mapamundi denominado Tabula Rogeriana.
A partir do século XIII, debido ao gran impulso da navegación no Mediterráneo, foméntase a confección de cartas náuticas que alcanzan a súa maior perfección nos portulanos realizados nos séculos XIV e XV, principalmente.
A obra cume deste período é o Atlas Catalán, atribuída aos cartógrafos mallorquins Abraham e Jauda Cresques datado en 1375.
 |
| Atlas catalán |